Blogia
Andresadas

Alé Santa Kata, alé, alé!

Dia 28 de Abril de 2005. Crio que todos os estudiantes da faculdade de Ciéncias da Comunicación e outros visitantes, turistas, amigos e coutiñas en xeral lembrarán-se dese dia como unha festa multitudinária á que todos se apontaron. Mentres uns bailan música con uns litros na man, outros xogaban pachangas ao futebol, ou simplesmente se tombaban na erva. O tempo era propício para un dia de festa. O ambiente e a marcha comezou para alguns ás 12.00 h, dando-o todo desde primeira hora. Outros optaron por aparecer á tarde, despois de comer, e asi estar mais descansados para a noite.

Os concertos uniron ainda mais aos xoldristas, quen bailaban sen parar, tanto fora rock como hip-hop. Tamén os profesores, todos de festa, alguns mesmo se animaron a xogar ao futebol (ese Chechu). Enfin , unha festa para lembrar, mágoa que fiquen 364 dias para outra igual... , Esperade a Santa Kata 2006!

1 comentario

Duffman -

Vaia se non molou Santa Kata!
Para o ano temolo que montar mellor, e estar na facultade un pouco antes. Ainda asi foron as risas mundiales. Bña Andrew. Saude!